O vindeiro sábado 17 de marzo, a Asociación Veciñal Río Sarela celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2018. Nesta reunión, que comezará as 20.00 horas en segunda convocatoria, agardamos contar coa presencia dos veciños e veciñas do barrio.

Nesta primeiro encontro coa veciñanza da actual xunta directiva (fomos elixidos no mes de novembro) abordaremos os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación da acta da Asemblea anterior
  2. Aprobación, se procede, da memoria de actividades e contas anuais correspondente ao exercicio 2017
  3. Debate e aprobación, se procede, sobre o plano de actuación para o ano 2018
  4. Debate e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2018
  5. Rogos e preguntas

Esta asemblea supón unha oportunidade para que todos os veciños e veciños nos trasladen as súas inquedanzas e propostas de mellora para o barrio.

Agardámosvos o 17 de marzo, ás oito da tarde.