A Concellería de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos convoca axudas individuais para o uso de servizo de taxi como medio alternativo e adaptado para as persoas con dificultades para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela

Trátanse de perstacións económicas dirixidas a persoas empadroadas en Santiago de Compostela que axudan a cubrir gastos derivados do uso do servizo de taxi a persoas que teñen dificultades para o uso do transporte público.

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  1. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente a súa mobilidade.
  2. Persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual grave
  3. Persoas con discapacidade recoñecida (a partir do 33%) pero que residan no entorno rural do Concello de Santiago de Compostela polas limitacións derivadas da menor frecuencia de liñas de transporte público
  4. Persoas maiores de 65 anos que residan no entorno rural do Concello de Santiago de Compostela polas limitacións derivadas da menor frecuencia de liñas de transporte público
  5. Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou acesibilidade ás liñas de transporte público.

As contías máximas que se poden conceder son as seguintes:


Límite de Ingresos                                      Contía máxima que se concede


Ata 9.681,12 euros/ano                                  350€ (pago único)

Máis de 9681,13 e ata 16.135,20€/ano         250€ (pago único)

Máis de 16.135,20 ata 19.362,24€/ano         150€ (pago único)


O prazo para solicitar estas axudas remata o 6 de maio de 2019 (luns).

Para realizar a solicitude ou obter máis información sobre esta convocatoria, poden dirixirse a:

Centro Municipal de Servizos Sociais

Rúa Isaac Díaz Pardo 2-4, Galeras

Tel. 981542465 (preguntar por Javier Maroño)

email: psociais.diversidades.saude@santiagodecompostela.gal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies