A Directiva da Asociación Veciñal RÍO SARELA chegou a un acordo con representantes do centro comercial on line Galicia CC Online para ofrecer o que consideramos interesantes descontos aos nosos asociados e toda a veciñanza do barrio.

Para gozar das ofertas deste clube de compra so hai que entrar na súa web, e rexistrarse. Utilizando o código AVVRIOSARELA obterase un desconto adicional do 5%. Por compras superiores aos 49,95€ a entrega e GRATIS ata os 15 kilos de peso, a partires dos 15 kilos hai que pagar unha cantidade pequena por cada kilo extra.

Nesta tendan online contan con numerosos produtos, incluído a carne ecoloxica, e creemos que é unha forma moi interesante para rebaixar o prezo da cesta da compra. Para pedidos normais a entrega é en 24-48 horas, para cousas como electrodomésticos e ferramentas, algo máis.