Operarios do Concello de Santiago procederon a retirar centos de xeringuillas que durante as últimas semanas se foron acumulando preto do Campus Sur, no paso suterrado que cruza a avenida Mestre Mateo. Estas xeringas son utilizadas por moitos toxicómanos para drogarse preto do futuro centro de bioloxía.

O presidente da Asociación Veciñal RÍO SARELA presentara varias queixas por esta situación, a que, de momento, o concello parece que lle puxo remedio, polo menos de momento.

A noticia foi recollida polos medios de comunicación, en concreto por La Voz de Galicia. A primeria vez o pasado 2 de febreiro (pincha aquí) e, de novo, o pasado martes (preme aquí) cando o concello limpou a zona.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies