Facemos

Nesta sección amosaremos as actividades que se están a desenvolver no local da Asociación Río Sarela, tanto aquelas que promovemos nos directamente como as organizadas polo Concello De Santiago.

Actividades para todas as idades

O programa de actividades que se desenvolven no local social da Asociación Veciñal Río Sarela inclúen unha variada oferta, unha parte organizada polo Concello de Santiago e outra pola propia asociación.

Nestes momentos, están en marcha, para os a dultos, o programa de encaixe de bolos (luns, ás 16.00 horas), Tai chi (luns, 18.00); pandeireta Canto tradicional (lunes, 20.30); costura (martes, 11.00), Pilate (mércores, 17.30; e os venres as 18.15); baile contemporaneo (mércores, 19.00, e os sábados ás 11.00); ximnasia terapéutica (xoves, 19.30); e o taller de coiro (venres, 20.00 horas).

Os nenas e nenos teñen a súa disposición un obradoiro de plástica (xoves, 17.00), e a tarde de xogos cooperativos (sábados, 18.00 horas).

Para o vindeiro ano temos previsto incorporar algunhas actividades máis. Entre elas están a escultura e arte para adultos, zumba e adestramento de cans. Na primavera e no verán queremos por en marcha sesión de cine de barrio ao aire libre. Os torneos de mus e tute, un club de lectura e sesións de contacontos para nenas e nenos son outras dos actividades que estamos a programar para o 2018.

Para completar esta oferta gustaríanos coñecer as preferencias de toda a veciñanza do barrio. Estamos abertos a recibir suxestións e a formar grupos para calquera actividades que queirades practicar. Sen esquecernos dos eventos puntuais como reunións, festas, aniversarios ou charlas sobre calquera tema. Só nos tes que facer chegar a túa opinión por persoalmente, por correo electrónico, por teléfono ou utilizando o formulación de contacto da nosa páxina web.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies