Solicitóuselle a Jorge Duarte a retirada das pedras da Corredoira dos Muíños || Comezáronse a repoñer algúns dos bolardos de Poza de Bar como prometera Xan Duro  ||   O Partido Popular leva a pleno as principais demandas da Asociación tras a reunión de Agustín Hernández coa directiva

As reunións que ven mantendo a Xunta Directiva da Asociación Veciñal Río Sarela parece que comezan a dar froitos, a lo menos nunha das principais preocupacións do barrio, como é o tema do tráfico. Tras as peticións feitas ao equipo de goberno, comezáronse a repoñer bolardos na rúa Poza de Bar e agora, dende o Partido Popular, levaranse ao pleno da Corporación algunhas das demandas da Asociación, como a mellora da Carballeira. Así mesmo, procedeuse a desbrozar as cunetas e beirrarúas na Corredoiro dos Muiños, Rueiro e nas rúas que chegan ata o Carme.

Tras a petición feita ao alcalde, Martiño Noriega (Compostela Aberta) no mes de decembro e ao concelleiro Xan Duro cando visitou o barrio hai apenas catro semanas, o pasado 19 de xaneiro operarios municipais comezaban a repoñer algúns dos bolardos ‘desaparecidos’ na rúa Poza de Bar. Como lle reclamara a Asociación Veciñal Río Sarela, os novos bolardos son iguais aos que figuran en outros puntos do casco histórico da cidade e “menos agresivos para os peóns”.

Para os problemas de tráfico, sobre todo para reducir a velocidade, o concelleiro de Medio Ambiente xa anunciou que se colocarán pasos de peóns elevados, obras que comezarán proximamente. Sobre este tema, o presidente da Asociación mantivo tamén reunións coa directiva da ANPA do colexio Pío XII para tratar de buscar unha solucións aos problemas de tráfico á hora de entrada e saída do colexio.

O pasado día 30 era o concelleiro Jorge Duarte, responsable de Espacios Ciudadanos, Vivenda, Movilidade, Urbanismo e Relacións Veciñais, o que visitaba o Barrio, concretamente para analizar a petición da A.V. Río Sarela de retirar as dúas pedras da Corredoira dos Muiños que supoñen un perigo tanto para os peóns como para os vehículos. O concelleiro quedou de analizar a petición para buscar a mellor solución para evitar unha situación de perigo para moita xente.

O presidente de Río Sarela, Jon Brokenbrow, explicoulle que dende a Asociación xa se están a facer xestións para cortar os eucaliptos que tamén supoñen un perigo na Corredoira dos Muiños, e insisteu diante do concelleiro na necesidade de habilitar medidas cos grupos marxinais presentes no barrio e que están a causar problemas de convivencia coa veciñanza.

Reunión co Partido Popular

Ao mesmo tempo, a directiva de Río Sarela reuniuse o pasado 18 de xaneiro co portavoz do Grupo Popular no Concello, Agustín Hernández, e co concelleiro Alejandro Sánchez Brunete. Na primeira toma de contacto, Jon Brokenbrow expúlle as principais demandas da asociación veciñal, que no seu día tamén se trasladaron ao goberno municipal.

Melloras na seguridade vial e no tráfico, sobre todo para reducir a velocidade; os problemas sociais xerados por algún grupos marxinais que residen no barrio e o exceso de ruídos nocturnos foron algúns dos temas tratados. Así mesmo, dende a Asociación Veciñal séguese insistindo na necesidade de actuar sobre a carballeira de San Lourenzo, con árbores moi vellos e enfermos, e de tomar medidas para evitar que a mesma se converta nun aparcamento masivo durante as festas.

Dende aquella reunión, concelleiros do PP desprazáronse ao barrio e hoxe aparece en prensa a noticia de que van levar ao pleno da Corporación algunas das demandas presentadas pola Asociación Veciñal Río Sarela para mellorar o barrio de San Lourenzo e Carme de Abaixo.

As novas publicadas hoxe nos xornais pódense ver nos seguintes enlaces: El Correo Gallego, La Voz de Galicia

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies