A directiva da Asociación Veciñal Río Sarela reuniuse onte cos representantes do Partido Socialista no Concello de Santiago, na terceira reunión que mantén cos grupos políticos municipais para trasladarlle os problemas do barrio.

Nesta ocasión, a reunión foi co portavoz municial do PSdeG, Paco Reyes, o concelleiro Gonzalo Muíños, e a recentemente elexida secretaria xeral do Partido Socialista de Santiago, Mila Castro. Durante o encontro, o presidetne de RÍO SARELA trasladoulle os problemas que ten o barrio e as propostas de mellora que facemos dende a Asociación.

Esta reunión celebrase despois do pleno municipal do pasado mes de febreiro, no que o PSdeG propuxo a reactivación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) que afecta ao barrio de maneira considerable.

Paco Reyes e Gonzalo Muiños trasladaron á directiva a proposta que o PSdeG levará ao pleno deste xoves con melloras para o barrio, e na que inclúen unha serie de medidas para mellorar o tráfico tanto na Calzada do Carme de Abaixo, como na Pavesa do Carmen de Abaixo e na rúa das Oblatas, además de solicitar a creación de zonas ordenadas de parcamento para residentes. A instalación de bandas transversais en Poza de Bar para reducir a velocidade dos vehículos e outra das medidas propostas polos socialistas.

Na iniciativa tamén se inclúen a solicitude de mellora, mantemento e acondicionamento do cauce do río Sarela e a senda peonil que vai preto do río.

Esta proposición do grupo socialista súmase a que xa presentou o pasado mes de febreiro o Partido Popular no pleno do Concello, despois da reunión que mantivera Agustín Hernández coa directiva de RÍO SARELA.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies