A Asociación de Veciños Río Sarela, de San Lourenzo e Carme de Abaixo, vai celebrar Asemblea Xeral ordinaria o vindeiro 30 de marzo, a partir das 20.30 horas, en segunda convocatoria. Nesta reunión, a veciñanza debaterá sobre a aprobación da memoria de actividades e as contas anuais correspondentes ao exercicio 2018, así como sobre o plano de actuación e o orzamento para as actividades deste ano.

Durante a reunión, de acordo co artigo 19 dos Estatutos da Asociación, procederase a renovación da metade dos cargos que conforman a Xunta Directiva actual, que preside Jon Brokenbrow. A actual Xunta Directiva foi elixida na Asembleaextraordinaria celebrada o 17 de novembro de 2017por un período de dous anos. O Estatutos establecen que a metade dos membros poderanse renovar cadaano.

A Asemblea está convocada para ás oito da tarde, en primeira convocatoria, e para as oito e media, en segunda. A veciñanza que o considere poderá consultar a documentación que se vai someter a debate da Asemblea a partir do día 19 de marzo na sede social de Rio Sarela, que está localizada no número 2 da Carballeira de San Lourenzo. O local social está aberto ao público de 11.00 a 13.00horas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies