Coñécenos

Asociación Veciñal Río Sarela constituiuse o 10 de setembro de 1977 para defender aos veciños do barrio de San Lourenzo e Carme de Abaixo. Neste 2017 estamos de aniversario, xa que cumprimos os 40 con ganas de seguir traballando a prol dos veciños nesta nosa Compostela.

Entre os obxectivos que persegue a Asociación están o de mellorar cuestións cotiáns como o problema do tráfico e a mobilidade na zona, pero tamén cuestións puntuais como ruídos e limpeza que contribúen a unha mellora no convivir diario.

Queremos defender e coidar o ben común, material e humano nunha parte da cidade que ten sabor urbano pero tamén rural e que conta con riqueza natural, arquitectónica e paisaxística.

Impulsar a comunicación entre os veciños, e tamén a que estes teñen con institucións públicas e privadas é outro dos obxectivos, para propiciar a solución de conflitos de xeito consensuado.

Iniciamos esta nova etapa o 4 de novembro de 2017

Como recollen os Estatutos, o ámbito territorial donde se desenvolverán as actividades da Asociación Río Sarela é o actual barrio do Carme de Abaixo-San Lourenzo: Bar, Sarela, San Pao, Casas Novas, Rueiro, Poza de Bar, Toxeira de S. Lourenzo, Ribeira de San Lourenzo, Fonte do Ouro, Campo do Galo, Pombal, Carballeira de San Lourenzo e todas aquelas zonas colindantes territorialmente con estas, nas que os veciños voluntariamente desexen asociarse.

Somos unha asociación viva que quere aproveitar o local da nosa carballeira como punto de encontro dispostos a aprender cada día sobre o movemento asociativo. Somos, en definitiva, un grupo que vos invita a todos a sumar e a participar.

Nestes 40 anos de vida da Asociación Río Sarela outras moitas persoas estiver defendendo os intereses da veciñanza. A actual Xunta Directiva foi elexida na Asamblea Extraordinaria celebrada o 4 de novembro de 2017, dirixida por Jon Brokenbrow, inglés residente no barrio dende o ano 1991.