O programa de actividades que se desenvolven no local social da Asociación Veciñal Río Sarela inclúen unha variada oferta, unha parte organizada polo Concello de Santiago e outra pola propia asociación.
Nestes momentos, están en marcha, para os a dultos, o programa de encaixe de bolos (luns, ás 16.00 horas), Tai chi (luns, 18.00); pandeireta e Canto tradicional (lunes, 20.30); costura (martes, 11.00), Pilate (mércores, 17.30; e os venres as 18.15); baile contemporaneo (mércores, 19.00, e os sábados ás 11.00); ximnasia terapéutica (xoves, 19.30); e o taller de coiro (venres, 20.00 horas).
Os nenas e nenos teñen a súa disposición un obradoiro de plástica (xoves, 17.00), e a tarde de xogos cooperativos (sábados, 18.00 horas).
Para o vindeiro ano temos previsto incorporar algunhas actividades máis. Entre elas están a escultura e arte para adultos, zumba e adestramento de cans. Na primavera e no verán queremos por en marcha sesión de cine de barrio ao aire libre. Os torneos de mus e tute, un club de lectura e sesións de contacontos para nenas e nenos son outras dos actividades que estamos a programar para o 2018.
Para completar esta oferta gustaríanos coñecer as preferencias de toda a veciñanza do barrio. Estamos abertos a recibir suxestións e a formar grupos para calquera actividades que queirades practicar. Sen esquecernos dos eventos puntuais como reunións, festas, aniversarios ou charlas sobre calquera tema. Só nos tes que facer chegar a túa opinión por persoalmente, por correo electrónico, por teléfono ou utilizando o formulación de contacto da nosa páxina web.
Ola!!!!
Sería xenial ter obradoiros de cociña, repostería….
Grazas Sonia.
Tomamos nota da túa sugerencia para o vindoiro ano