A Asemblea Xeral da Asociación de Veciños RÍO SARELA de San Lourenzo-Carme de Abaixo aprobou por unanimidade a memoria de actividades e as contas anuais correspondentes ao exercicio 2017. Estes dous documentos pódense consultar no apartado de transparencia da web.

Na reunión celebrada o 17 de marzo no local social de RÍO SARELA, os veciños asistentes á Asemblea analizaron a memoria de actividades, así como as xestións e reivindicacións que a Xunta Directiva presidida por Jon Brokenbrown, elixida o pasado 4 de novembro de 2017, veu mantendo ata o momento con diferentes representantes do concello.

Os asistentes apoiaron o documento coas principais reivindicacións que se lles presentaron tanto ao alcalde, Martiño Noriega, como aos representantes do equipo de gobierno (os concelleiros Xan Duro e Jorge Duarte), así como aos líderes do Partido Popular (Agustín Hernández) e Partido Socialista (Francisco Reyes) nas diferentes reunións que se mantivo con todos eles.

No plano económico, RÍO SARELA pechou o exercicio 2017 cuns gastos de 2.032 euros e uns ingresos de 2.729 euros, polo que o Asociación rematou o ano pasado cun superávit de 696,80 euros.

A Asemblea tamén aprobou por unanimidade o plan de acción e o orzamento para o exercicio 2018, que ascende a 4.616 euros.

O presidente Jon Brokenbrow lembrou durante a Asemblea os cursos e actividades que está a organizar a Asociación no seu local social, e animou a toda a veciñanza a participar nos mesmos. Estes cursos inclúen: costura, tai chi, pilates, informática, encaixe, música tradicional, baile moderno, claqué, actividades para nenos os xoves e os sábados pola tarde, inglés, ilustración e modelado, clases de cocina, un club gastronómico, Adestramento de cans e informática para mulleres rurales.

Brokenbrow animou a toda a veciñanza a que trasladen á Xunta Directiva da Asociación as súas inquedanzas e propostas de mellora para o barrio, para poder acometer aquellas acción que redunden en beneficio de todos. Tamén animou a todas as familias residentes no barrio a facerse socios da Asociación RÍO SARELA. Para facerte socio da Asociación Veciñal RÍO SARELA podes cubrir o boletín que atopa neste enlace, e remitilo por correo electrónico a Asociación ou achegarte ata o local social, situado na rúa da Carballeira de San Lourenzo, 2, e entregar ou cumplimentar alí a documentación.