A pasada madrugada, en torno a unha da noite do luns 26 de novembro, un dos carballos senlleiros da Carballeira de San Lourenzo caeo ao chan, afortunadamente sen causar danos persoais. Dende a Asociación de Veciños Río Sarela avisamos á Policía Local e esta mañá operarios de parques e xardíns viñeron a contar as polas e retirar parte da árbore.

Dende a Asociación Río Sarela volvemos insistir na necesidade de que técnicos especializados Fagan un examen exhaustivo do estado das árboles, por se teñen alguna enfermedad poder tratadlas. Ademais, consideran convite podar os Carballos da Carballeira de San Lourenzo, moitos deles con máis de cen anos de antigüidade e, alguns, moi deteriorados, o que pode supoñer un perigo para a veciñanza e, tamén, para os miles de peregrinos que cada ano fan o Camiño ata Fisterra. Xa que polo medio da carballeira atravesa este tramo do Camiño de Santiago.

Eu falaría de que se fixese por parte de técnicos especializados un examen exhaustivo do estado das árbores, se teñen algunha enfermidade que sexa tratable, en non solo podalos, terán falta de poda, pero se ten enfermos…

Dende a Asociación insistimos unha vez máis na necesidade de que se tomen as medidas oportunas para que esto non volva suceder e evitar males maiores nun futuro. Veciñas e veciños do barrio volveron amosar a súa preocupación por este feito e temen que un día resulte ferida algunha persoa, polo que agardan que as autoridades competentes tomen cartas no asunto canto antes.

Como se poder ver nas fotografías, o carballo ten unhas dimensións considerables e as súas raíces son moi escasas e parecen danadas.