Este ano ofrecemos cursos de formación lingüística para a integración social da poboación estranxeira non castelanfalante residente no Concello de Santiago, a cargo de María Vázquez Guisán:

O obxectivo destes cursos é ofrecer á poboación estranxeira non castelanfalante as ferramentas lingüísticas necesarias para a súa plena integración na cidade. O ensino do castelán terá un enfoque práctico e comunicativo, orientado ás necesidades da vida cotiá e facendo especial fincapé nas peculiaridades da cultura galega e compostelá. Neste senso, introduciranse tamén algunhas nocións básicas de galego co fin de fomentar o coñecemento das dúas linguas. María Vázquez Guisán é unha profesora cunha amplia experiencia de máis de vinte anos no ensino do castelán como lingua estranxeira en Estados Unidos, Francia e Santiago de Compostela, en todos os ámbitos educativos, dende o voluntariado con persoas inmigrantes ata a educación secundaria e universitaria. Para mais información, chama ó 657 689 433