Despois dun informe de revisión de arbolado realizado no mes de Xaneiro por Ferrovial, empezaron os traballos de desmoche e limpeza da Carballeira, un reclamo histórico da Asociación de Veciños que cobra ainda mais importancia despois do accidente sufrido por unha estudante no mes de Novembro por mor da caida dunha rama enorme na estrada. Trátase dunha intervención enfocada en eliminar ramas mortas, zonas con fungos e demais enfermedades, e a rebaixar o tamaño dos copos das árvores máis grandes, sempre desde a perspectiva da sensibilidade cara a estructura da Carballeira, a sua sostenibilidade, e a seguiridade dos peatóns. Tamén esta prevista a eliminación das especies forañas dentro da zona (carballo americano) e a avalación da seguiridade dos troncos mortos que siguen a ofrecer una habitat para especies como as rapiñas nocturnas, o escarnabois, ou o esquio vermello.

As siguentes imaxes son do informe de revisión de arbolado. Para mais información sobre o procedemento, chama ó 628 889 954

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies