Neste momento aínda están en vigor as restriccións COVID19 referidas ó número total de persoas que podemos ter dentro do centro sociocultural. En canto recibamos a luz verde por parte do Concello, organizaremos unha asamblea e xuntanza veciñal para falarmos da situación do barrio e das preocupacións dos nosos veciñ@s . Podedes enviarnos as vosas suxestións por correo a contacto@riosarela.org