Estimados veciños e veciñas:

Continuando co labor informativo, tamén enviamos as novas medidas adoptadas na última semana polo goberno local. Como vimos facendo até o de agora, envíamos os enlaces ás noticias, desde as que se pode acceder á documentación de Xunta de Goberno na que se adoptaron ditas propostas, así como a outra información de interese para a cidadanía. Son, sobre todo, propostas económicas de axudas ao comercio, á hostalería e ás pequeñas empresas, que lles pregamos, teñan a ben difundir entre as persoas asociadas. E tamén, e isto é importante, modificacións do calendario fiscal.

Desde o Concello de Santiago pedímoslle responsabilidade nas saídas á rúa, co obxectivo de poder rematar canto antes esta etapa de crise sanitaria. Pero sobre todo, agradecémoslle, como todas as semanas, o civismo e colaboración que están amosando. Reciban un agarimoso saúdo. -Información sobre servizos asistenciais e de apoio á cidadanía, así como avisos e recomendacións.

https://respuesta-al-coronavirus-compostelasit.hub.arcgis.com/ <https://respuesta-al-coronavirus-compostelasit.hub.arcgis.com/>

A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do 27/04/2020, aprobou o novo calendario fiscal, adoptado a raíz da crise do COVID-19. Na xuntanza, tamén se ratificou a ampliación dos contratos con varias cadeas de supermercados que participan no tícket especial de compra e deuse o visto bo á adquisición de 25.000 máscaras cirúrxicas.

Unha vez que o pasado venres o Pleno habilitou ao Goberno municipal para a modificación das ordenanzas fiscais, faise efectiva esta ampliación de prazos en varios impostos e taxas municipais, que quedan do seguinte xeito:

NOVO CALENDARIO FISCAL – Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM): dende o 5 de maio ata o 5 de xullo, ambos incluídos (ou día hábil inmediato posterior). – Imposto sobre Bens Inmobles (IBI urbano, rústico e de características especiais): dende o 5 de xullo ata o 5 de outubro. Tendo en conta que o último día para acollerse ao sistema especial de pago se fixa o 30 de maio, de facer uso desta posibilidade, o primeiro prazo e pago remataría o 5 de agosto, o segundo o 5 de outubro e o terceiro o 5 de novembro. – Taxas por ocupación de vía pública (vados): dende o 5 de xuño ata o 5 de setembro, ambos incluídos (ou o día hábil inmediato posterior). – Taxas por ocupación de vía pública por mesas e cadeiras: dende o 5 de setembro ata o 5 de novembro ambos incluídos (ou día hábil inmediato posterior). Farase constar a dedución da parte correspondente polo tempo que non se puideron utilizar estas mesas e cadeiras. http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19488&lg=gal

A Xunta de Goberno do 30.04.2020, en sesión extraordinaria, aprobou tres das convocatorias previstas para o apoio ao comercio previstas no Plan Marco de Reactivación Económica. Trátase de axudas para o pago de xuros en operacións de crédito, para a mellora e innovación do comercio local e para cheques de consultoría. En total, as tres liñas suman un crédito inicial de 410.000 euros, ampliable ata o millón de euros. As solicitudes deberán realizarse no prazo de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia (BOP). http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19497&lg=gal

O Concello de Santiago, a través do seu Servizo de Apoio á Empresa pon en marcha un servizo de consultoría para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica. Ofrécense 15 prazas para a elaboración de plans de reactivación económica personalizados. As inscricións poden realizarse na web do CERSIA Empresa <http://www.cersiaempresa.gal/> ata o 2 de maio ás 13:00 horas.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19487&lg=gal

Turismo de Santiago desenvolverá un plan de accións de promoción e apoio para a recuperación turística da cidade e dos sectres hostaleiro e da restauración.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19495&lg=gal

A Xunta de Goberno Local do 29.04.2020, nunha sesión extraordinaria celebrada na mañá deste mércores, acordou remitir á sociedade cooperativa xestora do Mercado de Abastos a adopción, de xeito inmediato, de medidas preventivas fronte aos riscos derivados do COVID-19. Tamén se estableceron as normas para a realización de mudanzas

. http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19496&lg=gal

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico retomou hoxe as súas sesións ordinarias, interrompidas pola declaración do estado de alarma. Foi cunha xuntanza vía telemática na que este organismo asesor informou sobre distintas obraS, entre as que figuran a rehabilitación dun edificio para local comercial e catro vivendas na rúa de San Pedro e a renovación da instalación de abastecemento de auga nun edificio de Casas Reais.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19494&lg=gal

Outras novas de interese: Os Bombeiros amplían os seus labores de desinfección grazas a un camión proporcionado polo Ministerio de Transportes

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19492&lg=gal

O Concello de Santiago acaba de ampliar o prazo de recepción dos traballos do XIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados ata o 15 de xuño de 2020. O fallo do xurado terá lugar na segunda quincena de xullo, e a persoa ou persoas premiadas terán ata o 30 de setembro para entregar a obra rematada.fallo do xurado terá lugar na segunda quincena de xullo, e a persoa ou persoas premiadas terán ata o 30 de setembro para entregar a obra rematada.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19491&lg=gal

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que na mañá deste luns Acuaes remitiu ao Concello a súa proposta de convenio para o financiamento da nova EDAR da Silvouta. O rexedor considerou «inaceptable» esta proposta, que foi sometida a discusión co resto de grupos municipais este mesmo luns nunha xunta de voceiros.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19489&lg=gal

O Concello de Santiago celebrou este venres 24/04/2020 un pleno extraordinario, no que se aprobou unha proposta de modificación das ordenanzas fiscais e outra de modificación das bases de execución do orzamento municipal do exercicio 2020. A primeira destas modificacións habilitará á Xunta de Goberno Local para modificar o calendario fiscal, e a segunda, de xestión dos anticipos de caixa fixa, permitirá pagar e xustificar ese pago «a posteriori».

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19486&lg=gal

As medidas municipais fronte ao coronavirus supoñen 100.000 euros de gasto extraordinario semanal

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19484&lg=gal

Cambio normativa. Obras e traballos menores

Nova tramitación obras e traballos menores