A Xunta Directiva da Asociación Veciñal Río Sarela lle quere agradecer a asistencia ao magosto a todas as máis de cen persoas que nos acompañaron o pasado sábado, 18 de novembro, nesta fermosa carballeira de San Lourenzo. Para nós representaba o primeiro acto desta nova etapa, que comezou o pasado 4 de novembro, cando nos destes o voso apoio para dirixir a Asociación.

Nos alegramos de compartir con todos vós as castañas, os chourizos, a rosca e o chocolate, así como algún que outro vaso de viño e de refrescos nesas máis de catro horas que pasamos xuntos. Foi un vó momento para explicarvos algunhas das nosas ideas sobre as novas actividades que queremos ofrecer dende a Asociación, e dos servizos que seguiremos prestando a toda a veciñanza.

De xeito particular, gustounos ver a tantos nenos e nenas, mozos e mozas gozando dunha fermosa noite, xa que un dos nosos obxectivos é promover as actividades dos máis cativos e cativas.

Grazas por todas as felicitacións recibidas. Temos pensado organizar unha festa veciñal durante o Nadal. Agardamos que vos guste a idea e que vos animedes a participar tamén desa actividades.

Entre mentres estaremos encantados de recibir as vosas ideas e suxestións.

Vos amosamos algunhas das fotografías que sacamos durante a noite.