Neste mes de decembro xa temos 3 novedades para compartir cos veciños e veciñas do barrio. Primeiro, xa están en marcha as obras para condicionar os dous callexóns na Carballeira, coa instalación de redes pluviais e un firme de cemento. Segundo, técnicos de Ferrovial xa están a traballar na carballeira mesma para realizar unha nova avaliación da condición das árvores, tan urxente despois do accidente do mes pasado. E terceiro, finalmente aprobáronse as obras para renovar o noso local social, que incluen ventanas e portas novas, calefacción, e baños e accesos para menusvalidos, entre outros elementos.