Brillante presentacion do libro ‘Sarela. paisaxe cultural’ na sede de Afundación onte pola tarde, co seu entrañable autor Jose Manuel Ortigueira Bobillo. Unha obra etnográfica, antropolóxica, histórica e xeografica que recolle todas as maravillas desta zona ainda descoñecida para moitos composteláns. Unha reclamación para a mellora maila revalorización do patrimonio natural e construido para o disfrute da sociedade da nosa cidade e o turismo pos-catedralicio. Unha cantiga de amor ás xentes que fixeron desta zona o corazón da industrialización incipiente de Compostela.