Unha das casas en estado de ruina que hay no barrio de San Lourenzo e Carme de Abaixo

O presidente da Asociación Veciñal Río Sarela, Jon Brokenbrow, volveu facer fincapé nas necesidadee e na importancia de que o Concello aporte “unha solución global” aos problemas do barrio. En sendas entrevistas nas emisoras de radio compostelanas Cadena Cope e Onda Cero (escoitar desde o minuto 20) Brokenbrow volveu insistir na necesidade de recoñecer a situación do barrio de San Lourenzo e Carme de Abaixo como un componente esencial do casco histórico de Santiago.

Preguntado sobre as intervencións pendentes de realizar na zona, o presidente de Río Sarela dixo que despois de reunirse co alcalde e cos concelleiros Jorge Duarte e Xan Duro, e tamén co líder da oposición Agustín Hernández, quedou claro que xa non se trata de “poñer parches” en San Lourenzo e no Carme de Abaixo. “Hay que traballar conxuntamente para encontrar unha resposta para os distintos problemas que afectan aos veciños e veciñas”.

Entre as actuacións integrais que reclama a Asociación de Veciños Río Sarela está unha solución aos problemas derivados do excesivo tráfico pola zona (falla de aparcamentos, exceso de velocidade) sobre todo pola presencia de dous colexios públicos. A substitución dos bolardos en poza de Bar por outros menos perigosos e acordos aos existentes no resto do casco histórico, a erradicación de focos de marxinalidade, con persoas conflictivas que xeran intranquilidade nos veciños, unha actuación para mellorar a carballeira e tomar medidas cos edificios e casas que están en estado de ruina no barrio, son algunas das peticións que se lles fixeron aos grupos políticos do Concello cos que se entrevistou a directiva.

Nesta liña, o presidetne puxo especial énfasis no feito de que a Asociación leva anos pedindo estas melloras a todas as diferentes corporacións municipais, “sen moito éxito ata o momento. Nestes intres, e despois das diferentes reunión que mantivemos dende que asumín a presidencia o pasado 4 de novembro, espero poder ver un cambio positivo dende Raxoi cara ao barrio de San Lourenzo e Carme de Abaixo”, indicou Jon Brokenbrow.

Podes escoitar a entrevista na Cadena Cope neste enlace

Podes escoltar a entrevista en Onda Cero, no programa ‘Compostela en la Onda’ neste enlace (a partir do minuto 20)