Asamblea Xeral Ordinaria AVV Rio Sarela San Lourenzo e Carme de Abaixo


No día de hoxe, domingo 20 de Marzo de 2022 as 19:30 en segunda, reúnense Directiva formada por Presidente, Vicepresidente en función de Tesoureiro e Secretario mais 12 Socios para tratar os seguintes puntos do Orde do Día:

1º Lectura e aprobación, se procede, do Acta da anterior Asamblea (de 30 de Marzo de 2019). Non se realizaron outras Asambleas debido á situación de pandemia, con interrupción da maioría das actividades. Apróbase por unanimidade.

2º Lectura e aprobación, se procede, do informe de actividades.

Problema da caída do muro da finca dos marqueses de Soma resolto tras diversos contactos.

Montaxe de novas ventás e portas con dobre cristal.

Coordinación cos profesores e alumnos do Colexio Pio XII para actividades.

Retirada niños velutina. Aproveitase para rogar que se avise a través dos correspondentes teléfonos se se localizan novos.

Celebrouse un Magosto en Novembro con moita participación.

Celebráronse reunións do Racing de San Lorenzo que tivo limitacións e restriccións para o entrenamento no espazo habitual.

Foi efectiva a negociación con Urbaser que colaborou na recollida de xeringuillas abandonadas na rúa.

Mantivose a boa relación co Concello, celebrándose reunións nas que se trataron as obras do Pombal actualmente en marcha.

Celebrouse un taller de cociña para adultos en Novembro do ano pasado.

Fíxose posible a retirada de tendas de campistas que campaban sen control polo barrio.

Respecto a sala Malatesta, a través de fiscalía iniciáronse dilixencias contra propietarios e contra o Concello por ruido e vibracións durante as actuacións, así como ruidos e problemas de hixiene posteriores. Estamos pendentes da medición de ruido a través de un medidor homologado non oficial, como primeiro paso para aportar datos obxectivos. Existen serias dúbidas respecto o interese do Concello por resolver o problema dado que xa levamos anos sen colaboración na súa resolución.

Outras actividades son: clases de inglés, pilates, música tradicional, zumba. Hai clases de recuperación para nenos.

Ademais dase cobertura a un clube de xedrez.

Colaboración na limpeza do Sarela a través de Living River Unión Europea desde o instituto Xelmirez e coa colaboración de ADEGA en febrero de 2020.

Continúan as xestións con Obras, Medio Ambiente e Seguridade Cidadá, para lograr a tala dos eucaliptos na Ribeira de San Lourenzo, que ameazan con caer sobre a vía pública.

Dada a catástrofe humanitaria en relación coa guerra de Ucrania, recolléronse enseres na Asociación, en colaboración coa AVV Vista Alegre, que foron remitidos a través de Protección Civil.

Dada a profesión de periodista do Presidente, aproveitaronse tódalas oportunidades para facer visible a Asociación e os problemas locais na prensa e na radio. Asimesmo mantéñense boas relacións co Concello e todos os seus departamentos.

Apróbase por unanimidade.

3º Lectura e aprobación, se procede, do balance económico do 2021.

Ano 2020 2.822,51 Euros

Ingresos menos gastos: 2742,54 Euros (incluída subvención Concello Santiago 3000 Euros)

Total 5565,05 Euros

Ano 2021 5565,05 Euros

Ingresos menos gastos: 93,13 Euros

Total 5658,18 Euros

Apróbase por unanimidade.

4º Actividades a realizar durante o presente ano 2022.

As actividades dispoñibles sempre esán anunciadas na páxina Web da Asociación.

O próximo luns 28 de marzo habera unha charla sobre a importancia da muller respecto a pobreza.

Esperamos dispoñer de recursos para axudar os maiores a acceder a dixitalización, cada vez mais inevitable.

Unha vez recuperada a situación previa a pandemia, este ano está prevista a celebración de festas de San Xoán, Magosto e Nadal.

Conveniencia de comunicar as incidencias a través da aplicación móbil “Linea Verde” inda que resultaría mais eficaz remitir a través da AVV.

5º Rogos e preguntas.

Antonio Calvo comenta que existe unha boca de incendios tapada pola maleza facendo difícil o acceso a mesma na Corredoira dos Muiños/Ribeira de San Lourenzo.

Elena Peleteiro saca a colación o tema do reparto de correos a destinatarios non residentes. E coméntase a necesidade de poñer placas cos nomes das rúas, renumerar as casas e conseguir do Concello a renovación do mapa topográfico cos nomes correctos que sexa claro para todos os residentes e repartidores de correo/mensaxeiros

Alfonso Castelao insiste en que se realice unha boa limpeza periódica das rúas.

Lara Fernández comenta a situación da sala Malatesta, situada frente a súa casa, con ruidos e vibracións durante as actuacións e con diversos problemas de hixiene e de novo ruidos por vehículos que arrancan e discusións ou cantos tras as actuacións. Alfonso Castelao recomenda que se remita a documentación existente sobre este problema o valedor do pobo, que serviría para coñecer a situación real lo problema dado que a resposta as preguntas do Valedor é de obrigado cumprimento para as institucións.

E sen mais novidades finaliza a reunión as 20:45-