A Asociación Veciñal Río Sarela apraza para o  sábado 17 de novembro, o xantar popular, unha iniciativa que xa se ten realizado hai anos no barrio para compartir unhas horas de lecer entre a veciñanza ao redor dunha boa mesa. A xornada rematará co tradicional magosto, rosca e chocolate. O prezo do xantar popular é de 12 euros por persoa (os menores de 14 anos poderán asistir gratis), mentres que o magosto é de balde para todos os participantes.

A iniciativa estaba programada para o día 10, pero ante a previsión de mal tempo para esta fin de semana motivou que a directiva da Asociación Río Sarela decidira aprazar a festa unha semana, para celebrala o sábado 17 de novembro.

O xantar popular comezará as dúas da tarde e as persoas interesadas poderán degustar un menú composto por tortilla, empanada e embutidos de primeiro, para continuar con carne ao caldeiro con patacas e chourizos como prato principal. Unhas larpeiras de sobremesa, cafés e chupitos completarán o menú.

Os interesados en participar no xantar popular deberán pagar 12 euros por perso. Os menores de 14 anos poden asistir gratuitamente. Os comensales deberán apuntarse e retirar o correspondente tique no local social de Río Sarela, ata o venres 16 de novembro, de 11.00 a 13.30 horas, ou chamando ao teléfono 628 889 954.

Despois do xantar haberá un campionato de tute e o tradicional xogo da chave, no que poderán participar todos os asistentes para seguir gozando dun día de lecer ata que comece o magosto. O ano pasado hubo una gran participación no agosto (como podes ver neste enlace) con máis de cen asistentes.

Organizada pola Asociación Veciñal Río Sarela coa colaboración do Concello De Santiago, a xornada festiva continuará sobre ás oito da tarde co tradicional magosto, que será gratuíto para todos os asistentes. E despois de degustar as excelentes castañas galegas, remataremos co tradicional chocolate con rosca.

Agardamos a toda a veciñanza do barrio o vindeiro sábado. Animádevos a participar.