A Asociación Veciñal Río Sarela presentou tres propostas, dentro do proceso de orzamentos participativos que promove o Concello de Santiago. Dende Río Sarela presentamos tres proxectos para que os veciños poidan votar: A mellora do entorno da carballeira de San Lourenzo e a do río Sarela e a construción dun parque biosaudable na carballeira. Podes votar por internet ou asistir á reunión que se celebrará o luns, 8 de outubro, no local social.
Os orzamentos participativos son una iniciativa do Concello de Santiago, e doutros concellos, para que a veciñanza poida presentar iniciativas que considera interesantes para executar e mellorar a súa calidade de vida. No caso de Santiago o Concello reserva millón e medio de euros para os orzamentos participativos, distribuídos en varias partida. Unha delas está reservada para investimentos na zona noroeste da cidade, na que se atopa o barrio de San Lourenzo e Carme de Abaixo, á que se destinan 225.000 euros.
Para elexir as propostas que se incluirán nos orzamentos de 2019, deben votar os veciños e veciñas empadroados en Santiago. Pódese votar por internet ou tamén presencialmente. O vindeiro luns, 8 de outubro, celébrase unha reunión no local social de Río Sarela (Carballeira de San Lourenzo, 2) a partir das 19.30 horas. Máis información de como se vota neste enlace.
Os proxectos que presentou a Asociación Veciñal Río Sarela son os seguintes (podes votar a través do enlace que figura en cada un:
Os tres proxectos presentados pola Asociación son:
Mellora do entorno da Carballeira de San Lourenzo, coa instalación de bloques de pedra iguais que as que xa están instalados, para evitar a entrada de vehículos na carballeira, evitando deste xeito danos no entorno natural. Tamén propuxemos ocultar os contenedores de lixo cun seto natural ou artificial, no comezo da rúa Carballeira de San Lourenzo onde comeza o Camiño de Fisterra, de xeito que se mellore a imaxe que os damos tanto aos veciños como aos peregrinos. Ten un valor estimado de 5.000 €. Para votar esta proposta, fai clic neste vínculo 
Instalación dun parque biosaludable na Carballeira, pensado para que os veciños do barrio poidan facer exercicio físico e fomentar así unha vida saudable e o envellecemento activo para a veciñanza de máis idade. Ten un valor estimado de 160.000€. Para votar esta proposta, fai clic neste enlace.
• Mellora do entorno do río Sarela: ampliando a senda fluvial polas dúas beiras do río e plantación de especies autóctonas, e o soterramento dos sumidoiros, entre outras acción. Tamén propoñemos a recuperación da fauna e levar a cabo campañas de sensibilización entre os escolares. Esta iniciativa ten un valor estimado de 150.000 euros. Para votar esta proposta, fai clic neste enlace.