Operarios de Naturgy procederon esta mañá retirar as torres eléctricas localizadas na Toxeira de San Lourenzo, que non se viñan usando e se atopaban moi deterioradas, o que supoñía un perigo para a veciñanza. Esta era una veña reclamación da Asociación de Veciños Río Sarela, que ten solicitado e denunciado en numerosas ocasións que se retiraran estes postes de ferro que no seu día puxo Fenosa (actualmente Naturgy) e que representaban un problema para a veciñanza.

A instancias do Concello, operarios da empresa eléctríca Naturgy (antes chamada Gas Natural Fenosa) retiraron ditas torretas, o que xera tranquilidade e satisfacción na veciñanza e na propia directiva da Asociación.

Esta foi unha das peticións que se lles fixo aos diferentes partidos políticos dende que a actual Xunta Directiva está a fronte da Asociación Río Sarela. Froito destas reivindicacións, o pasado mes de maio de 2018, o BNG presentaba unha moción no Concello na que instaba ao goberno local de Santiago a retirar estas torres eléctricas que Fenosa deixou de utilizar en San Lourenzo e que se foran deteriorando co paso do tempo.